Concellarías delegadas

Delegacións xenéricas

  • Aprobado por resolución da alcaldía 687/2019 de delegación de competencias

As delegadacións xenéricas de cada unha das áreas de goberno do Concello de Fene son:

I Delégaselle a Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio ao concelleiro Juan Jose Franco Casal.

II Delégaselle a Área de Organización, Seguridade e Dinamización Economica á concelleira Rocío Aurora Bertoa Puente.

III Delégaselle a Área de Dinamización Social e Transparencia á concelleira Juana Barro Couto.

As delegacións xenéricas acordadas no apartado anterior suxeitaránse ó seguinte réxime xurídico:

a) Abarcarán a facultade de coordinar as diferentes subáreas nas que se divide cada área, dirixindo os servizos correspondentes, sen prexuízo das facultades de xestión encomendadas aos delegados especiais, pero sen incluir a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.

b) A Alcaldía poderá revogar en calquera momento as delegacións efectuadas seguindo as mesmas formalidades aplicadas para outorgalas.

c) A Alcaldía poderá avocar en calquera momento a competencia delegada de acordo co que dispón o artigo 14 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

d) Corresponderá á Alcaldía resolver las posibles dúbidas que se formulen en relación coa aplicación desta resolución.

 

 

   

Delegacións especiais

As delegacións especiais ós seguintes concelleiros/as que a seguir se relacionan, para os servizos que igualmente se sinalan:

 I Conferir a delegación das subáreas de Obras, Servizos e Medio Ambiente (Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio) ao concelleiro José Andres Serantes Painceiras.

II Conferir a delegación da subárea de Urbanismo e Vivenda (Area de Desenvolvemento Territorial e do Medio), Formación e Emprego, e Promoción Económica (Area de Organización, Seguridade e Dinamización Económica) ao concelleiro Juan José Franco Casal.

III Conferir a delegación das subáreas de Persoal, Contratación Pública e Coordinación da Licitación, Seguridade (agás o servizo de Protección Civil), Facenda e Patrimonio (Área de Organización, Seguridade e Dinamización Económica) e Cultura (Area de Dinamización Social e Transparencia) á concelleira Rocío Aurora Bértoa Puente.

IV Conferir a delegación das subáreas Ensino e Igualdade (Área de Dinamización Social e Transparencia) e Cemiterio (Area de Desenvolvemento Territorial e do Medio) e dos servizos/materias de Protección Civil (Área de Organización, Seguridade e Dinamización Económica) e Escolas Infantís (Área de Dinamización Social e Transparencia) á concelleira Juana Barro Couto.

VI Conferir a delegación das subáreas de Xuventude, Deportes, Participación e Información Cidadá, Transparencia, Comunicación e Benestar Social–agás Escolas Infantís- (Área de Dinamización Social e Transparencia) á concelleira Tamara Miragaya López.

As delegacións especiais efectuadas no apartado anterior, enténdense conferidas como delegacións da dirección e xestión interna dos servizos, pero non inclúen a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.

O/A Concelleiro/a que ostente a delegación xenérica da área á que pertence o servizo, terá a facultade de supervisar a actuación dos/as concelleiros/as con delegacións especiais.

Descargas