Fene ao día

Novas

  • O Concello promove un curso de intelixencia emocional para alumnado dos centros educativos de Fene

    Desenvolver habilidades de intelixencia emocional nunha contorna lúdica, descubrindo as emocións propias e como xestionalas, potenciando a autoestima e aprendendo habelencias sociais é o obxectivo do programa de intelixencia emocional que porá en marcha a Concellería de Ensino de Fene. Un curso, de sete sesións a realizar entre os meses de novembro e febreiro, dirixido ó alumnado de Educación Infantil, Primaria e ESO –ata 4º curso-. Estará impartido pola psicóloga e coach Fátima García, así como pola facilitadora María Cayón, e inclúe tamén unha charla coas familias dos-as nenos-as participantes.

  • Aberto o prazo de inscrición no Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo en Instalacións e Espazos Naturais

    O Concello de Fene colabora coa Deputación na organización do Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo en Instalacións e Espazos Naturais Acuáticos que se celebrará no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove do Plan de Emprego Local. As persoas interesadas en participar poden, dende xa e ata o vindeiro 14 de novembro, formalizar a súa inscrición na Área de Formación e Emprego “Pancho Allegue” do Concello de Fene -praza do Alcalde Ramón Souto González- ou solicitar máis información a través do teléfono 981 492 767 e correo orientacion.laboral@fene.gal.

  • Nova oportunidade esta fin de semana para saborear un mar de tapas en Fene

    A partir deste venres e ata o vindeiro domingo, veciños e veciñas teñen unha nova oportunidade para disfrutar dun mar de tapas en Fene da man dos trece establecementos hostaleiros que participan no certame gastronómico promovido pola Concellería de Promoción Turística e a Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos O Cruceiro. En horario de 13 a 15 e de 20,30 a 22,30 horas venres e sábado e de mediodía o domingo, como mínimo, Arrecendo, Asociación Veciñal de Magalofes, Café Bar A Ponte, Café Pachamamá, Cafetería Bombay, Cafetería Lembranza, Cafetería Xala, Cervexería Friends, D3, Gastrobar Bicos, Jesy Bar, O Son da Cociña e O Lar de Kike ofrecerán auténticas delicatessem ó prezo único de 1,5 euros.

Ver máis

Axenda

  • 19-02-2018

    Tardes activas

    Benestar e igualdade

    De luns a venres nos locais sociais de Fene. 

    Máis info
  • 27-10-2018

    XXX Xuntanza de Gaiteiros

    Fene ao día

    A partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXX Xuntanza de Gaiteiros

    Máis info
  • 25-10-2018

    Presentación libro

    Cultura

    Presentación do libro de Francisco Oti Ríos, O novo teatro galego en Perlío: Teatro Círculo e Tagallo, editado por Ediciones Invasoras. Será o xoves 25 de outubro ás 20 horas

    Máis info