Noticias

18-10-2017

A familia do poeta Xosemaría Pérez Parallé realiza unha importante doazón ao Concello de Fene

A idea da familia e do actual equipo de goberno de Fene é que con este material se poida crear na biblioteca municipal Pérez Parallé de Fene  un recuncho para a lembranza do poeta.

18-10-2017

Doazón de sangue

O venres e sábado, 20 e 21 de outubro respectivamente, achégate a doar á unidade móbil diante da Casa do Concello. Doar sangue é un acto cómodo, sinxelo e que non prexudica a nosa saúde permitindo a moitas persoas resolver graves problemas de saúde e, mesmo, salvar a súa vida

O Concello adxudica as obras das Pías en 244.600 euros

O plan de traballo contempla entre outros a renovación das redes de abastecemento de auga que discorren pola marxe sur da estrada FE-14, posto que teñen unha antigüidade superior a 40 anos e son foco habitual de roturas e fugas.


Percubebé na Biblioteca Municipal de Fene

O martes 17 de outubro, de 18.30 h a 19.15 h, a Biblioteca Municipal acolle Percubebé, obradoiro dirixido a nenos/as de 0 a 4 anos no que aprenderemos e gozaremos do mundo das percusións e da arpa.


Exposición dos traballos do IV Certame de Creación artística En Galego? É o noso!

Os traballos do concurso escolar que o Concello de Fene organiza anualmente ao redor da celebración do Día das Letras Galegas están expostos dende hoxe na Casa da Cultura de Fene


Axenda

Tamén en fene.gal