Xunta de Goberno Local

As sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local do Concello de Fene terán carácter semanal, celebrándose as sesións os xoves de cada semana ás 09.00 horas.

A Xunta de Goberno Local está presidida polo alcalde.

Estas son as atribucións da alcaldía delegadas na Xunta de Goberno Local:

a) Concesión de toda clase de licencias de parcelación e segregación, obra e instalación, as licencias de primeira ocupación, utilización e as licencias de apertura de establecementos e actividades, declaración completa de comunicacións previas e, en xeral, a súa toma en coñecemento, así como a declaración de innecesariedade de licencias de segregación, parcelación ou división de terreos.

b) A concesión de autorizacións para a utilización privativa ou especial de bens de dominio público, agás as relativas a actividades recreativas consistentes en festas e verbenas.

c) A aprobación dos expedientes e adxudicación das contratacións e concesións de toda clase, incluída a adquisición de bens e dereitos cuxa competencia lle atribúe á Alcaldía a normativa vixente a partir dun valor estimado do contrato de 50.000 €, impostos excluídos, así como a modificación, resolución e imposición de penalidades por incumprimentos contractuais nos referidos expedientes de contratación e adquisición.

d) O alleamento de bens e dereitos do patrimonio municipal cuxa competencia lle atribúe á Alcaldía a normativa vixente a partir dun valor estimado do contrato de 50.000 €.

e) A aprobación da oferta de emprego público de cordo co presuposto e o cadro de persoal aprobados polo Pleno, aprobar as bases das probas para a selección do persoal funcionario de carreira e laboral fixo e para os concursos de provisión de postos de traballo.

f) A declaración de situacións administrativas do persoal ó servizo da Corporación.

g) Concesión, transmisión ou modificación de licencias de auto-turismo, así como a súa publicidade

h) A concesión de subvencións cando estean sometidas a procedemento de concorrencia competitiva.

i) Recoñecer todas as obrigas e a aprobación de todos os gastos dentro dos límites que competan ó alcalde así como a ordenación do seu pagamento, coa excepción dos que se indican a continuación: as liquidacións por inserción de anuncios en boletíns e diarios oficiais, os gastos imputables ó capítulo 1 (nóminas, seguros sociais, etc), gastos de indemnizacións por asistencias a órganos colexiados dos membros da corporación, gastos de indemnizacións por razón do servizo do persoal municipal e órganos de goberno, gastos obxecto de domiciliación bancaria (cotas de xuros e amortizacións da débeda municipal, comisións bancarias e outros gastos financeiros imputables ó capítulo 3, etc), e as facturas relativas a gasto corrente e pago periódico dos conceptos orzamentarios 200, 202, 213, 222, e dos subconceptos 22100, 22101, 22102, 22500, 22501 e 22502.

j) A aprobación inicial dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento urbanístico e a aprobación dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.

Descargas